986602306
obradoiro@obradoiroantoncorral.com

Discurso de Antón Corral na homenaxe de Música no claustro 2014

Descripción de la promoción

8/13/2014 9:19:04 PM

Boa noite a todos os presentes.

Hoxe, neste espazo pétreo da catedralde Tui, volve a min o resón das gaitas de Xarabal, que no ano 92 dabaun concerto neste mesmo lugar.

Quen me ía dicir que de aí a poucosanos sería un membro máis desta cidade!

Aínda que en realidade non é algoestraño. As circunstancias do meu labor sempre me levaron de xeito itinerante polaxeografía galega, como gaiteiro, artesán e mestre:

 de Lugo a Ortigueira, de novo a Lugo, máistarde a Vigo, e no ano 2008 recalei nesta cidade chea de historia, un lugarperfecto onde gozar da miña familia, da miña paixón que segue a ser transmitiro amor á nosa tradición e compartir todo o que aprendín ó longo da miñatraxectoria.

Quero dar as grazas ós que meacompañades hoxe, especialmente ós promotores deste acto e a todos, presentesou non, que aportan día a día o seu gran de area para que o grande tesourocultural galego se siga a pór en valor e non se esvaeza nas novas xeracións.

O meu agradecemento a todos os alumnosde ollos abertos que souberon e saben motivarme para o meu propiodesenvolvemento. Un deles, Anxo Pintos, un alumno exemplar do grupo didáctico creadona Universidade Popular, aquel rapaz que absorbía cada xesto e cada palabra éhoxe un músico excepcional. Grazas por estar hoxe aquí.

Tamén quero dar unhas grazas a xeitode aperta a todos os alumnos do meu actual Grupo Didáctico en Tui, eles formanunha parte importante dos meus alicientes.

Por último quixera facer unha menciónó meu neto Ramón Corral, el vai da man comigo, continúa o meu camiñodesenvolvendo toda a súa creatividade e innovación no Obradoiro que leva o meunome.

É unha satisfacción pensar que o laborde tantos anos no coidado á tradición terá continuidade  no futuro na miña familia. A mesma ilusión, omesmo espírito, as mesmas ganas de aprender... É como sentir a rexeneración demin mesmo, tendo a certeza de que o dito que sempre me serviu de lema:  “a tradición non consiste só en vivir dopasado, senón en construíla no presente, para que permaneza no futuro”,vai continuar sendo tamén o seu lema.

Moitas grazas a todos.